Antonio García Teixeiro será o autor homenaxeado do XX Salón do Libro ‘A Revolución

10
  • O poeta e narrador galego foi galardoado o pasado ano co Premio Nacional de Litertura Infantil e Xuvenil polo seu poemario „Poemar o mar‟
  • A biblioteca do Salón contará con varios dos seus títulos e actividades que xirarán en torno á súa obra e figura.
  • O 2 de abril, día da LIX, está prevista unha homenaxe por parte dos escolares.

A concelleira de Cultura e Educación Carme Fouces presentou esta mañá ao autor homenaxeado na vindeira edición do Salón do Libro, Antonio García Teijeiro, un dos grandes poetas e narradores da literatura infantil e xuvenil galega.

“Temos o pracer de anunciarvos que será o autor homenaxeado dentro da XX edición do Salón que, como sabedes, ten como literatura convidada a LIX da lusofonía e temática condutora A Revolución. E pensamos que nada máis revolucionario que a poesía nestes tempos onde manda a rapidez, da inmediatez e da tecnoloxía, por iso escollemos a un grandísimo poeta como figura homenaxeada deste ano. Porque aínda que esta nova xeira do Salón reforza a internacionalización do evento, seguimos reivindicado o noso, os creadores e creadoras galegas de LIX que son, como sabedes, unha auténtica potencia”

Carme salientou a traxectoria polifacética de Teijeiro como mestre, mediador, poeta, blogger (ten un blog chamado “Versos e aloumiños” dedicado á literatura infantil e xuvenil), tradutor, editor… Galardoado con numerosos premios como o Merlín e con moitas das súa obras en listas importantes listas internacionais como Gabinete de comunicación Pazo da Cultura – Concello de Pontevedra Tel. +34.659748631 e-mail: comunicacion@pazodacultura.org

Gabinete de Comunicación comunicacion@pazodacultura.org www.salondolibro.gal

a do IBBY, acadou o pasado ano o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu poemario „Poemar o mar‟ . Mais sen dúbida o seu principal mérito é o “esforzo e bo facer na visibilización e dignificación da poesía para os nenos e as nenas, un militante a ultranza da poesía como un elemento transformador da infancia e a sociedade, que leva a súa obra por todo o mundo”

Pola súa banda Teijeiro manifestou a ledicia ante o recoñecemento “dunha cidade que admiro e considero miña. Así como admiro o Salón e a súa capacidade para poñer en valor a LIX pero tamén para abrirse ao mundo para recibir e dar”. Teijeiro considera que a poesía pode cambiar o mundo na medida en que é capaz de mudar os espazos máis próximos a cada un, e por aí hai que empezar. “É fundamental para o desenvolvemento da sociedade e dos nenos e nenas, que adoran a poesía e por iso é importante a figura do mediador, para transmitir a importancia desta. A poesía é a irmá pobre da literatura pero a máis requerida cando as cousas non van ben, en tempos como os actuais, de inxustiza e de reivindicación”.

A organización do Salón incluirá a súa obra nun lugar destacado da súa biblioteca e da bibliografía que inspira os traballos dos centros escolares e programará diferentes actividades, obradoiros e exposicións nas que a súa figura e obra sexan as protagonistas. Do mesmo xeito, conta con celebrar unha homenaxe o día 2 de abril, adicado a LIX.

Por outra banda, aproveitamos para lembrar que Antonio García Teijeiro estará tamén este domingo 2 ás 12:00 horas no Culturgal.