O Concello de Pontevedra estará presente no Culturgal cun stand e programación propia

50
  • Entre o venres 30 de novembro e o domingo 2 de decembro terán lugar, programados polo Concello, diferentes obradoiros para pequenos e maiores, música, encontros e presentacións.
  • O Salón do Libro realizará as súas actividades dentro do Espazo Libro
  • A entrada á Feira das Industrias Culturais Galegas ten un prezo de 3€ por día ou 5€ o abono para os tres e están xa á venda na súa web.

Un ano máis o Concello de Pontevedra, sede da Feira de Industrias Culturais Galegas “Culturgal‟, contará cun espazo propio dentro da mesma onde levar a cabo a súa propia e variada programación.

Teatro, música, roteiros, actividades para a cativada e a presentación de diferentes proxectos como o ciclo “Novos Cinemas‟ que bota a andar nuns días e outros promovidos polas concellarías de Xuventude, Promoción Económica ou programas como Pontevedra ten un puntazo, darán vida a o stand de Pontevédrate ao logo de tres días.

  • VENRES 30
    • 20.30 “Chin Chin pola Cultura”: encontro organizado pola AGPXC con Carlos Meixide como mestre de cerimonias
  • SÁBADO 1
    • 11:00 Programa EnfocA: obradoiro de fotografía para a cativada
    • 12:30 Presentación do ciclo Novos Cinemas
    • 13:00 Jack & Jack DJ. Sala Karma no Culturgal
    • 17:00 Programa EnfocA: obradoiro de fotografía para a cativada.
    • 18:30 Presentación do Proxecto de Intercooperación empresarial de Pontevedra ten un Puntazo.
    • 19.00 Canta-roteiro sobre a cidade de Pontevedra
  • DOMINGO 2
    • 11:30 Xeración Sónica. Programa da Concellaría de Xuventude para promover a creación artísitica
    • 12:00 Improvisación de teatro
    • 13:00 Musicalización dos poemas do pontevedrés Jorge Cuña a cargo do grupo Moloch
    • 17:00 Cubo artístico e pedagóxico para crianzas
    • 18.00 Núbebes. Festival de artes escénicas para bebés e familia
    • 19.00 Proxecto Leiras do Lérez: Comercio de proximidade

Por outra banda, o Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, proxecto tamén pertencente ao Concello, empregará o Espazo Libro do Cultural para levar a cabo as seguintes actividades:

  • Venres 30 ás 17:00 horas. Presentación do calendario do Salón coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
  • Sábado 1 ás 17:00 horas. Presentación do libro “O bestiario científico de Anxos Nogueiroa‟ de Antonio Manuel Fraga, gañador do 1º Premio María Victoria Moreno convocado polo Concello de Pontevedra e Urco Editora.
  • Domingo 2 ás 12:00 horas. Presentación do autor homenaxeado do XX Salón, Antonio García Teijeiro.

O acceso á feira ten un custo por día de 3€, 5€ en formato abono de 3 días. Conta con prezos reducidos para a cativada e un servizo de transporte dende Lugo, A Coruña, Ferrol, Santiago e Ourense. Podedes mercar ambos anticipadamente en culturgal.com

COMPARTIR