O Concello instalará 212 illas de reciclaxe completas no rural

93

    • Pasou da previsión inicial de 175 illas, para cumprir o ratio dunha illa por cada 150 habitantes.

O Concello de Pontevedra instalará, finalmente, 212 illas de reciclaxe en todo o rural pontevedrés. A previsión inicial da Concellaría responsable da xestión de residuos, que dirixe Carme da Silva, era colocar 175 illas, o que suporía incrementar substancialmente as actuais que son 56. Pero logo de estudar detidamente a poboación de cada parroquia, a súa dispersión e os espazos físicos onde colocar os colectores, seguindo a premisa de manter unha illa de reciclaxe por cada 150 habitantes, considerou posible a instalación de 212 illas.

A modo de exemplo a parroquia de Alba, que ten unha poboación de 751 residentes, tiña 2 illas de reciclaxe, para cumprir a ratio de 1 por cada 150 habitantes era preciso colocar 5, aínda que o estudo da parroquia indicaba, inicialmente, que era preciso instalar 7; finalmente, serán 12 as que se colocarán.

Paralelamente a empresa concesionaria do servizo, Ferrovial continúa a instalar estes colector (vidro e envases) en toda a cidade, aínda que a menos ritmo do desexado, tal e como confirmou a concelleira Carme da Silva, que explicou que o cambio dos colectores supón despregar unha intendencia importante. Polo tanto, a previsión é que o despregue estea rematado no mes de xaneiro.