Ábrese o prazo para presentar candidaturas aos Premios Cidade de Pontevedra

104
  • Está aberto un mes, dende o 5 de decembro até o 5 de xaneiro
  • O Pleno municipal entregará as distincións nunha sesion de honra que terá lugar o 20 de xaneiro, día de San Sebastián

A Concellaría de Cultura abre mañá o prazo de presentación de candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra. As persoas, asociacións, entidades ou colectivos interesados poderán presentar as súas propostas no Rexistro do Concello, entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro de 2018. As propostas deberán levar unha memoria xustificativa que explique os méritos do designado.

Os Cidade de Pontevedra teñen dúas modalidades, persoa física e persoa xurídica. O xurado valorará o labor desenvolvido polos candidatos, sobre todo, no último ano e a proxección de Pontevedra e os pontevedreses/as derivada delo.

Os galardóns serán entregados nun pleno extraordinario de honra que se desenvolverá o 20 de xaneiro, día de San Sebastián patrón da Boa Vila.

BASES PREMIOS CIDADE DE PONTEVEDRA