Colocado o banco máis amoroso do Nadal pontevedrés

38

    • Está situado na praza de Ourense para que os que queiran poidan desexarse feliz Nadal

Xa está desvelado a sorpresa da Concellaría de Medio Ambiente para este Nadal. Os operarios de xardíns estiveron toda a mañá instalando na praza de Ourense (fronte aos xardíns de Casto Sampedro) un banco adornado con acivro e outras plantas de Nadal, pensado para que os pontevedreses se feliciten as festas. Trátase do banco máis “amoroso” do Nadal pontevedrés, e un motivo de decoración de rúa nestas festas.

A Concellaría anima a todos os veciños que queiran a que se feliciten as festas dende este bambán, e de querer, poderán subir ás súas redes a foto co cancelo #BONADALBOAVILA O Concello recollerá todos estes cancelos e fará unha galería de imaxes.

COMPARTIR