Novos Cinemas salta o Atlántico e leva o audiovisual galego a México e Colombia

34
  • Paula Astorga, ex-directora da Filmoteca Nacional de México e profesora da Universidade Centro, traballa man a man con Novos Cinemas e o Concello nesta internacionalización
  • “Será unha plataforma moi importante para o cinema galego”, adianta Astorga
  • O proxecto é froito das alianzas tecidas ao abeiro da viaxe comercial-institucional liderado polo Concello de Pontevedra ao país azteca no 2017

O Festival Internacional de Cinema de Pontevedra -Novos Cinemas salta o Atlánttico e faino cunha xira por Cidade de México, Querétaro e Tijuana (México) e Bogotá (Colombia) coa que dará a coñecer o audiovisual galego e máis o europeo. A acción é froito das alianzas tecidas polas empresas locais e o Concello de Pontevedra durante a viaxe comercial-institucional que visitou México no 2017, da que Matriuska formou parte. Nesta viaxe Novos Cinemas presentara en Cidade de México o filme “As altas presións” de Ángel Santos, ademais de desenvolver unha intensa axenda profesional.

O alcalde Miguel Fernández Lores e a concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías, recibiron a Paula Astorga, ex-directora da Filmoteca Nacional de México e profesora da Universidade Centro -campus de referencia en disciplinas artísticas- e a Daniel Froiz e Ángel Santos, da dirección do Festival Internacional de Cinema Pontevedra, cos que falaron do proxecto. Un proxecto no que Paula Astorga constitúe o piar americano e que terá lugar na vindeira primavera.

Astorga está estes días en Pontevedra xa que forma parte do xurado internacional de Novos Cinemas 03, que se clausura mañá, ás 21 horas no Teatro Principal coa entrega dos premios do certame cinematográfico e a proxección do filme Hamada de Eloy Domínguez Serén (inédito en Pontevedra).

O salto de Novos Cinemas a México e Colombia é unha “boa nova”, subliña o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, polo que significa de internacionalización dun proxecto da Bo Vila e do selo Pontevedra, “un selo de calidade no mundo”

“Será unha plataforma moi importante para o cine galego” adianta Paula Astorga.