Acordo inicial para mercar os terreos de acceso ao futuro complexo deportivo da Parda

104

    • Son tres parcelas situadas ao carón dos xulgados e valoradas en 168.000 euros.
    • O Concello xa chegou a un acordo cos propietarios das fincas.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá iniciar o procedemento para a compra, por mutuo acordo, de tres parcelas que permitirán o acceso aos terreos onde se situará o complexo deportivo da Parda por este barrio, dado que neste momento só se pode entrar pola rúa Entrevías. A contía global de compra acordada cos propietarios é de 168.842,27 euros.

Son tres predios situados ao carón dos xulgados de Pontevedra, e con cuxos propietarios xa houbo contacto e están de acordo na venda.

Os prezos e a superficie das fincas son:

    • 141,10 metros cadrados por 51.311,02 euros
    • 255,20 metros cadrados por 92.803,48 euros
    • 68 metros cadrados por 24.728,20 euros

Unha vez que o Concello teña a propiedade das fincas -un procedemento administrativo que se pode demorar entre dous ou tres meses- comezará a traballar no deseño do futuro complexo deportivo, do que xa existe un anteproxecto de urbanización.