Seis candidaturas optan aos Premios Cidade de Pontevedra

65
  • Hai tres propostas para a modalidade de persoa física: Carmen Abeledo Márquez, Francisco Barbeito Castro e Manuel Barreiro Cabanelas
  • As outras tres son para a modalidade de persoa xurídica: O Centro de Recursos Educativos da ONCE, as Mariscadoras de Lourizán e Solidaridad Internacional

O Concello de Pontevedra pechou o rexistro para presentar candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra 2018. Foron seis as propostas formalizadas, tres na modalidade de persoa física e tres na de persoa xurídica. Son as seguintes:

Persoas físicas:

  • Carmen Abeledo Márquez, enfermeira, presentado por traballadores do Centro de Saúde da Parda.
  • Francisco Barbeito Castro, fundador de Cristalería pontevedresa, presentado por AJE
  • Manuel Barreiro Cabanelas (1896-1950) filántropo e empresario, presentado por Asociación de Veciños de Laxedo, A Lama.

Persoas xurídicas:

  • Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE, presentado pola Asociación Síndrome de Down “Xuntos”
  • Mariscadoras de Lourizán, presentada pola Asociación pola Defensa da Ria (APDR).
  • Solidaridad Internacional, presentado por Comerciantes das Galerías Oliva

O xurado reúnese o  vindeiro luns, 14 de xaneiro. Os galardóns entréganse nun pleno extraordinario de honra que se vai a celebrar o luns 21 de xaneiro, ás 13.00 horas no Teatro Principal, ao día seguinte da festividade de San Sebastián ao coincidir en domingo.

COMPARTIR