A reforma do Rouco suscita o interese de 23 construtoras

119
  • A Mesa de Contratación reuniuse onte para abrir as ofertas. O proxecto ten un prezo de licitación de 226.000 euros

A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra reuniuse onte para abrir as ofertas presentadas para reformar a rúa Rouco que ten un prezo de licitación de 226.967,98 euros e un prazo de execución de catro meses.

As empresas que presentaron oferta son:

Empresa

Oferta económica (IVE incluído)

Actividades de construcción, edificación y viales SL (ACEVI)

199.513,16 €

BCNOR Gestión y soluciones avanzadas

160.938,6 €

Ceta Contratas SL

187.223,34 €

Civis Global SLU

218.025,44 €

Construcciones E.C.Casas

167.593,16 €

Construcciones Fechi

160.352,88 €

Construcciones y viales (COVSA)

181.143,15 €

Elsamex, S.A.U

170.610 €

Excavaciones H. Otero

188.887,09 €

Innova profesional desarrollos SL

161.290,9 €

Construcciones López y Leis SA

181.500 €

Narom SL

170.384,86 €

Nexia Infraestructuras SLU

169.840,14 €

Obras, reformas y saneamentos SL (Oresa)

172.268,7 €

Obras y saneamentos de Galicia SL.

189.563,66 €

PRACE, servicios y obras SA

171.338,13 €

Sergonsa Servicios SL

169.070,88 €

Sestrama Ibérica SL

196.327,29 €

DESMACO S.L.U.

183.117,74 €

Obras, proyectos y actividades SL.

171.406,22 €

Agro da Estrela SL

17.465.186 €

Barnacle Obras y Servicios SL

155.836,22 €

Excavaciones y transportes Ivanca SL.

174.281,44 €

O proxecto

O obxecto do proxecto é ampliar os espazos destinados á mobilidade peonil, redistribuír os espazos no ámbito urbano comprendido nos arredores do colexio, eliminar barreiras arquitectónicas e renovar as redes de pluviais e de sumidoiros que se atopan ao límite da súa vida útil.

Coa reordenación da rúa, mantense unha liña de estacionamento en formigón na marxe dereita para servizos e para colocar os colectores de lixo. Esta beirarrúa terá un ancho de 3 metros; e no lateral esquerdo (no do colexio) a beirarrúa increméntase até os 5 metros.

A calzada será repavimentada e a beirarrúa crearase con lousa confinada entre bandas de granito.

O proxecto tamén contempla mobiliario urbano como 5 papeleiras, 7 bancos, 10 aparcabicis, así como incrementar a iluminación pública co número de farois existentes.

COMPARTIR