Comezan as obras de reforma do segundo treito de Pardo de Cela

17
    • Xa está retirado o valado metálico e trabállase en sacar o guindastre do espazo público

O Concello de Pontevedra iniciou nestes días os traballos de reforma do segundo treito da rúa Pardo de Cela, tal e como estaba previsto. Neste momento xa non está instalado o valado metálico que separa o espazo público da propiedade privada, e se está a retirar o guindastre, para poder repoñer a beirarrúa.

Cabe lembrar que o Concello propón a rehabilitación de Pardo de Cela con dúas estéticas distintas: na parte que se pode ver dende Virxe do Camiño, terá a nova estética desta rúa; e na parte que se pode ver dende a avenida de Vigo, terá a imaxe da avenida de Vigo.

Esta segunda fase de reforma consistirá na reposición da beirarrúa -unha vez retirado o guindastre-, e a eliminación do xardín situado baixo o chorón, que permanecerá na rúa. Tamén se reporá a varanda que se retirou co guindastre privado.

Como estaba previsto, a obra estase a acompasar co fin da reforma de Virxe do camiño, xa que é unha intervención menor. O custe estimado é duns 16.000 euros, pero o Concello executará a fianza da construtora que ía realizar o edificio, e que finalmente non executou. Esa fianza é de 10.000 euros que se investirá en devolver á rúa á súa situación orixinaria, e o custe restante da retirada do guindastre será cargado á nova propietaria do predio.

COMPARTIR