Krack, a referencia pontevedresa no sector do calzado

181
    • Ten un cadro de persoal de máis de 200 traballadores, e distribúe todos os días entre as máis de 40 tendas situadas en distintos puntos do Estado.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado da concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías visitaron esta mañá as oficinas centrais da empresa pontevedresa Krack, situadas no lugar do Pazo, Mourente para coñecer a súa actividade. Con esta e outras futuras visitas a empresas locais, o alcalde quere coñecer de primeira man como desenvolven a súa actividade dende Pontevedra, a repercusión na economía local e a proxección internacional de todas elas.

No caso de Krack, unha empresa que ten máis de 200 traballadores na súa sede central e nas máis de 40 tendas distribuídas en distintos puntos do Estado, a maior parte de marca propia: Krack e Bross (tamén ten as franquicias en Galicia de Geox, Clarks e Pikolinos), está a transformarse nunha das referencias estatais no ámbito do calzado. Tal é así que Barbie púxose en contacto para deseñar un dos zapatos para un estilismo da coñecida boneca, directivas das principais revistas de moda do Estado colaboraron diseñando unha das coleccións da empresa, así como as influencers máis importantes tamén fixeron coleccións con Krack, entre outros moitos exemplos.

Fomentar a pertenza empresarial de todos os traballadores e facelos participar das metas da empresa, son claves no seu sistema de traballo e loxística que está ao nivel de grandes multinacionais como Inditex, con sistemas similares de venda e atención ao cliente.

Para o alcalde, unha empresa como Krac é o exemplo de que dende Pontevedra se poden facer grandes proxectos emprendedores. E amosouse especialmente satisfeito de que as tendas de Krack na cidade (Krack, Bross, Clarks e Geox) son as que máis venden de todas as que teñen aberto en todo o Estado.