Un licitador presenta oferta para rexentar a cafetería da praza da liberdade

17

    • A Mesa de Contratación abriu a proposta e os técnicos estudan se se axusta aos pregos.

A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra abriu nestes días as ofertas das empresas de hostalería para rexentar a cafetería municipal da praza da Liberdade. Só se ten presentado un licitador particular, que ten un local de hostalería no municipio de Soutomaior.

Os técnicos municipais están a supervisar si a oferta se adecúa ás esixencias do prego, para pasar á segunda fase da licitación, que é a adxudicación.

O prego de explotación é por un prazo de 15 anos, coa posibilidade de prórroga doutros 3 máis, e o pago dun canon de 12.000 euros/ano.

Previo ao inicio da licitación, o Concello realizou un estudo de viabilidade e un anteproxecto de reforma da instalación dado que presentaba diversas deficiencias. Aquel informe conclúe que o investimento necesario será de 100.664,03 euros, que terán que ser asumidos polo licitador, coa liberdade de adoptar as solucións técnicas e estéticas que considere axeitadas, sen cambiar a estrutura da cafetería. A instalación dispón de 139,5 metros cadrados construídos e ten a posibilidade de instalar terraza na traseira (57 metros cadrados) e tamén na parte dianteira (cara a praza da Liberdade, de 46,7 metros cadrados).

Unha vez adxudicada, o licitador terá un prazo de 4 meses para facer a obra.