Trece infografías con mapas para guiar as carreiras do mundial Multisport 2019

21
  • O traballo, realizado por Xan Sabarís, e vai dirixido aos deportistas e tamén ao público en xeral
  • Poen descargarse en formato pdf na web pontevedra2019.org

Un total de 13 infografías con todos os datos precisos para o seguimento e a percepción de cada carreira do Multisport 2019 foron presentadas hoxe pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro e o autor do traballo, Xan Sabarís.

Riveiro agradeceu “o magnífico traballo informativo, dirixido tanto aos deportistas como ao público en xeral” e declarouse orgullosa de que o traballo se fixese “na casa”. Mostrouse moi satisfeita co devalar dos preparativos do Multisport: “Iniciamos moi ben o ano co Campionato de España de Ciclocrós, nun gran ambiente e con moitísima participación; estou segura de que será un bo agoiro para o Multisport”.

O autor dos mapas, Xan Sabarís, do estudio pontevedrés Sabarís Media, dixo que a maior dificultade fora conseguir unha grande versatilidade entre a información que precisa o gran público e a dos propios deportistas: “coido que chegamos ao punto certo que precisaban estes dous tipos de público”, dixo satisfeito.

Cada unha das carreiras que se levarán a cabo entre os días 27 de abril e 5 de maio aparecen “radiografadas” nas infografías elaboradas, nas que o público pode realizar un seguimento da carreira onde prefira, e os deportistas poden atopar toda a información necesaria sobre altitude, segmentos, puntos de abastecemento, servizos mecánicos, puntos de retorno e tamén as distancias de cada carreira e o número de voltas preciso para completalas.

Os mapas poden descargarse en formato pdf en https://pontevedra2019.org/itu/ mais tamén descargalos en formatos KMZ e GPX. Cada un deles consta dun plano da cidade no que aparecen os distintos segmentos das probas. A maioría deles inclúen tamén un alzado dazona norte (triángulo entre Barro e O Pontillón do Castro). Ademais inclúese un perfil das carreiras, coas altitudes, especialmente interesantes para os treitos en bici, así como os lugares que atravesa.

As carreiras ás que se refiren os mapas -editados só en inglés- son os referidos ás carreiras de aquabike, aquatlon (grupos de idade e junior), tríatlon cross (elite, grupos de idade e junior), dúatlon (elite, junior, paratríatlon, relevos e estándar), e tamén tríatlon longa distancia.

Todos estes mapas publicaránse en papel na revista oficial da proba, así coma noutros soportes publicitarios que se realicen para a información pública e dos atletas interesados.

Link de descarga: https://pontevedra2019.org/itu/gl/servizos/mapas-de-carreiras/

Exemplo: 2019 Pontevedra WORLD-crossJUNIOR