A colocación do Cruceiro de Virxe do Camiño, fin ás obras de reforma da rúa

45

A mellora da rúa Virxe do Camiño chega ao seu fin. Nestes días colocouse o restaurado cruceiro na nova praza de entrada á rúa. Esta escultura estaba situada no mesmo lugar, pero na rúa Eduardo Pondal, e agora devólveselle o protagonismo que debera ter marcando o Camiño de Santiago ao paso pola cidade. De feito, a colocación do cruceiro é un dos remates da primeira obra que se acomete para mellorar o paso do Camiño polos barrios de Pontevedra.

O cruceiro colocouse en tres pezas, ás mesmas partes nas que estaba cando se desmontou. Colocouse unha peza polo medio para suxeitar toda a estrutura, permitindo a súa contemplación en condicións de seguridade, que antes non tiña.

 

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores amosouse satisfeito co traballo de restauración e por situar o cruceiro neste punto, como ramo das obras “porque dá a sensación de máis cidade, de que máis barrios se integran na cidade”. De feito resaltou que os veciños de Pontevedra “xa ocupan a rúa antes do seu remate definitivo. E amósase un bo ambiente na rúa onde están abrindo novos locais comerciais”.

A obra iniciouse o pasado mes de xullo e estará rematada a finais de xaneiro “grazas aos técnicos municipais e á empresa que fixo unha labor espléndida”.

 

COMPARTIR