Discurso do alcalde con motivo da inauguración do monumento en homenaxe a Isaac Díaz Pardo

0

Díaz Pardo foi unha das grandes figuras galegas do século XX

Pola súa dimensión artística, por suposto

Pola súa dimensión empresarial, tamén por suposto

Pola súa acción cultural, o mesmo digo

Pero sobre todo porque foi unha das principais conexións deste país co mundo contemporáneo, un grandísimo creador de formas, dunha nova iconografía que fixo medrar o país dunha maneira exponencial

Tanto o Laboratorio de Formas como as marcas Sargadelos e O Castro posicionaron a Galiza, dentro e fóra do seu territorio, como un país que bebe na súa tradición milenaria e as conecta coas formas e as maneiras máis vangardistas.

Nace así un universo de símbolos que hoxe, 60 anos despois, todos e todas levamos no adn como galegos. Eso, inocular no maxín dos galegos de hoxe todo un sistema de símbolos nacionais, debémosllo a Isaac.

Tanto é así, que no próximo campionato do mundo de triatlón, que teremos aquí a fins de abril, todos os participantes levarán na súa medalla unha desas formas baseadas na cultura primitiva dos petroglifos das Rías Baixas. 

Unha forma que quixemos que parecese de Sargadelos, de Isaac, desa gran figura contemporánea deste país.

Moitas grazas por facer esta homenaxe diante precisamente da Facultade de Belas Artes, en Pontevedra, que quere ser un símbolo tamén hoxe desta Galiza contemporánea, revolucionaria e intelixente que quixo Isaac e que queremos nós.

Moitas grazas

COMPARTIR