150 nenos e nenas percorrerán o roteiro Castelao na recta final da semana

    6

    • Son alumnos/as do colexio Los Sauces e o CEIP Praza de Barcelos e farán a camiñada en tres quendas
    • É unha actividade do programa a prol da lingua da Concellería de Normalización Lingüística nos centros de ensino

    150 alumnos e alumnas do colexio Los Sauces e o CEIP Praza de Barcelos percorrerán o roteiro Castelao, ao abeiro do programa a prol da lingua que desenvolve a Concellería de Normalización Lingüística nos centros de ensino.

    Xoves 7 de febreiro
    . ás 12 horas. Colexio Los Sauces, 51 persoas de 1o de Bacherelato
    Venres 8 de febreiro
    . ás 9.30 horas. CEIP Praza de Barcelos, 50 persoas de 5º de Educación Primaria. ás 11.30 horas. CEIP Praza de Barcelos, 50 persoas de 6º de Educación Primaria.

    Nesta camiñada imos buscar a presenza da nosa lingua na cidade seguindo os pasos de Castelao por Pontevedra. Despois falaremos da figura do artista na Boa Vila, na que sen dúbida foi a súa etapa máis prolífica e, sobre todo, multifacética. A cidade de Pontevedra, neste roteiro, convértese nun auténtico museo urbano a través do que percorrer a vida de Castelao, que é como dicir a vida urbana na época en que a nosa cidade emitía a luz máis nidia do século XX. Aproveitaremos o paseo para recordar outros fitos da historia da cidade.

    Percorrido: comezo na praza de San Xosé cunha parada no edificio onde se situaba o Café Moderno, rúa da Oliva, praza da Ferraría, praza da Verdura, praza da Leña, igrexade San Bartolomeu, Sexto Edificio do Museo, praza da Pedreira, rúa César Boente, praza de Méndez Núñez, rúa Real, praza das Cinco Rúas, praza do Teucro, Teatro Principal, praza de Santa María.