Novos roteiros Cunca e nécora

    5
    • A nova quenda arranca con Cunca e nécora especial San Valentín os días 15 e 17 de febreiro
    • Inscricións no enderezo turinapontevedra@gmail.com

    Hai un xeito distinto de coñecer a cidade. Chega unha nova quenda de roteiros de Cunca o nécora, o programa que promove a Concellería de Promoción da Cidade da man de Touriña. Volve con media ducia de propostas temáticas.

    Seguintes citas:
    15 e 17 de febreiro. Cunca e nécora especial San Valentín.

    Venres 15 de febreiro. Roteiro para solteirxs. Con divertidas probas nas paradas onde, coma sempre, gozarase dun viño e dun pincho. Domingo 17 en horario de vermú, Romántico paseo para aquelxs que xa atoparon o amor.

    1 de marzo. Mític PTV.

    Percorrido por aqueles locais e recunchos que fan mítica a esta cidade. Sabedes que hai que saber para ser un auténtico PTV?

    16 de marzo. Pontevedra de cine.
    Cantos filmes e series graváronse na Boa Vila? Serás quen de acertar os diferentes escenarios a través de fotogramas?

    6 de abril. Cluedo.

    Un estraño caso ten lugar en Pontevedra. Os asistentes converteranse en detectives por un día para resolver o misterio.

    Nos roteiros fanse tres paradas para degustar un viño e pincho, cargar as pilas e intercambiar impresións.

    O prezo do roteiro é de 10 € (consumicións incluidas). As prazas son limitadas. Inscricións no enderezo electrónico turinapontevedra@gmail.com