Roteiros a prol da dinamización e usoda lingua para pechar a semana

    2

    ‣ Enmárcanse nas actividades que promove a Concellaría de Normalización Lingü.stica nos centros de ensino.

    Un roteiro infantil e dúas camiñadas con Castelao pecharán esta semana o programa deactividades a prol da dinamización e uso da lingua que promove a Concellaría de Normalización Lingü.stica nos centros de ensino. Máis dun cento de alumnos e alumnas participará nestas citas.

    Roteiro infantil

    Xoves 14 de febreiro, ás 10 horas. 30 nenos e nenas de 4º e 5º de Educación Infantil do CEIP Ponte Sampaio.

    Con esta proposta propoñemos dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria. Os máis pequenos e pequenas farán un percorrido guiado polo centro histórico, para descubrir a cidade a través de xogos.

    En cada parada haberá unha misión específica e didacticamente axeitada á historia do lugar e á idade dos participantes: na praza da Estrela terán que debuxar as imaxes da Casa das Caras e adiviñar a que gremio pertencen; na da Verdura recrearán un mercado tradicional; medirán o Teucro cos seu pasos xogando coas medidas antigas e na Pedreira pecharán os ollos para recoñecer os sons que habería antes da nosa época.

    Camiñadas con Castelao

    Venres 15 e febreiro, ás 10 horas e ás 12 horas: Camiñadas con Castelao. Dous grupos de 40 persoas de 4º e 5º da ESO do IES de Ponte Caldelas.

    Nesta camiñada búscase a presenza da lingua seguindo os pasos de Castelao porPontevedra. Falarase da figura do artista na Boa Vila, na que sen dúbida foi a súa etapa máis prolífica e, sobre todo, multifacética. A cidade de Pontevedra, neste roteiro, convértese nun auténtico museo urbano a través do que percorrer a vida de Castelao, que é como dicir a vida urbana na época en que a cidade emitía a luz máis nidia do século XX. Aproveitarase o paseo para recordar outros fitos da historia da cidade.

    Percorrido: comezo na praza de San Xosé cunha parada no edificio onde se situaba oCafé Moderno, rúa da Oliva, praza da Ferraría, praza da Verdura, praza da Leña, igrexa de San Bartolomeu, Sexto Edificio do Museo, praza da Pedreira, rúa César Boente, praza de Méndez Núñez, rúa Real, praza das Cinco Rúas, praza do Teucro, Teatro Principal, praza de Santa María.