Pontevedra leva a Amsterdam a súa experiencia sobre a redución do tráfico

85

O Concello de Pontevedra está representado hoxe nun encontro internacional de expertos celebrado en Amsterdam e promovido polo Goberno Local para abordar o deseño do Plan de acción da cidade no que traballa dende fai un tempo. Este Plan de acción ten como obxectivo a redución do tráfico de automóbiles e fortalecer a calidade de vida urbana dentro da cidade.

A participación de Pontevedra está enmarcada, polo tanto, dentro do asesoramento internacional que busca Amsterdam para deseñar este Plan de acción.

Neste marco, os concelleiros Anabel Gulías e Alberto Oubiña participaron durante a xornada de hoxe en varias mesas de expertos (neste encontro participaron as cidades de Oslo, Hamburgo, Gotemburgo, Copenhague, Groningen, Utrecht, La Haya, Rotterdam, Gante, Bruxelas, Munich, Barcelona e Lisboa), para abordar temas como “Aparcar e conducir” e a “Participación e xestión de grupos de interese”.

Na primeira mesa, Pontevedra expuxo o seu sistema de mobilidade xeral, cos estacionamentos de bordo e o modelo de servizos; e na segunda, os concelleiros abordaron a participación cidadá na creación da cidade dende unha perspectiva integrada para persoas con discapacidade funcional e tamén introduciron a perspectiva feminista. O obxectivo defendido foi a creación de cidades para todas e todos.

As conclusións que tiraron tanto relatores como asistentes, da primeira das mesas é que había que exportar o modelo de Pontevedra a todas partes do mundo.