Asemblea en Campañó para presentar a segunda fase do saneamento

24
  • O proxecto ten un custe de 1,8 millóns de euros, dará servizo a 108 vivendas de 8 lugares da parroquia.

O Concello de Pontevedra celebrou onte unha asemblea para presentar un novo proxecto de saneamento no rural. Foi no Local social de Sabarís, parroquia de Campañó, e estiveron os concelleiros Raimundo González e Pilar Comesaña, responsables do Ciclo da Auga e da parroquia de Campañó, respectivamente, e técnicos da empresa Viaqua, responsable da execución da obra. 

Alí estaban convocados os veciños dos lugares de A Galiana, Corredoira, Soutonovo, Avieiros, Sabarís, A Cañota, Ferreiros e unha parte de Moldes para coñecer o proxecto que terá un custe de 1.818.000 euros e obrigará a instalar 6.250 metros lineais de tubaxes e 180 pozos de rexistro. Dará servizo de 108 vivendas.

Este é o segundo proxecto de saneamento que se presenta en Campañó e que permitirá completar a rede de sumidoiros de toda a parroquia. O primeiro ofrecerá servizo aos lugares de Freixo, Moldes e Campañó de arriba e ten un custe de máis de 2 millóns de euros. O investimento total na parroquia de Campañó para completar o seu saneamento será de 4.122.000 euros.

COMPARTIR