Lores convida ás cidades a convertérense en espazos máis amables

45
  • Unha sesión en Madrid sobre espazos urbanos e saúde estuda os casos de Pontevedra e Bilbao

A relación entre saúde e xestión urbana centrou a xornada de traballo organizada pola Sociedade Española de Neumoloxía e Ciruxía Torácica (SEPAR) na que participou o alcalde de Pontevedra. Miguel Anxo Fernández Lores compartiu unha mesa redonda co concelleiro de Mobilidade de Bilbao, Alfonso Gil.

Os dous falaron da valentía política necesaria para levar a cabo as medidas de sustentabilidade que están detrás da redución do tráfico a motor para aumentar a mobilidade natural e o transporte público, dependendo do tamaño de cada cidade. O alcalde pontevedrés, Miguel Fernández Lores, apuntou a zonificación e o uso de autobuses e metro como rasgo diferencial das cidades grandes en relación ás pequenas, e avogou por un urbanismo compacto, impedindo que a cidade medre dispersa.

A sesión de traballo centrouse na saúde como factor diferencial das novas cidades, subliñando a calidade de vida como a principal motivación do cambio, co fin de rescatar as cidades da man dos coches e entregarllas ás persoas, aos cidadáns, para que estes podan vivir en harmonía co medio urbano.

Lores animou aos presentes a loitar por cidades que camiñen de maneira integral cara á sustentabilidade, evitando formulacións parciais e así eludir problemas como a xentrificación, provocados polo aumento de valor en determinadas zonas da cidade que si se transforman, en relación a outras que fícoma máis abandonadas.