O Concello acelera a desafectación das parcelas do estacionamento diante do Pavillón Municipal

94
  • Cun acordo da Xunta de Goberno, recoñece situación legal das parcelas e comprométese a manter o uso actual. Son requisitos demandados por Costas.
  • O expediente destas dúas parcelas segrégase do expediente xeral que afecta a todos os terreos da Xunqueira e ao do Pavillón por ser máis fácil de tramitar que os anteriores.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a toma de coñecemento de que as dúas parcelas de dominio marítimo terrestre situadas na rúa Xoán Manuel Pintos e que funcionan como estacionamentos de bordo, no se atopan inscritas no Rexistro da Propiedade e comprométese a manter o uso actual destas parcelas. Este escrito será remitido á Dirección provincial de Costas, logo de ser aprobado, como un dos requisitos do expediente de innecesariedade e desafectación dos terreos que o Concello tramita ante Costas para todas as parcelas situadas no ámbito da Xunqueira e tamén do Pavillón Municipal.

Esta declaración parte de conversas previas entre o Concello de Pontevedra e Costas, co propósito de acelerar a desafectación dos terreos. En concreto, os trámites céntranse nestas dúas parcelas por ser un expediente máis sinxelo de tramitar que o do resto de terreos nos que hai outras administracións ou entidades implicadas.

Co escrito, o Concello recoñece a situación legal das parcelas e tamén se compromete a manter o seu uso actual como destino público ou de servizos públicos.

O resto de parcelas incluídas dentro do expediente irán polas canles normais.

COMPARTIR