Comeza a instalación da iluminación ornamental da Fonte dos nenos

87
  • Colocaranse 84 proxectores que cubrirán toda a gama cromática. Ten un custe de máis de 57.000 euros.
  • A obra estará lista para o vindeiro 22 de marzo, Día mundial da Auga.

A empresa Viaqua empeza mañá a instalación da iluminación ornamental da fonte da Glorieta de Compostela, Fonte dos nenos. Esta obra, que ten un custe de 57.477 euros, está incluída como mellora dentro da oferta técnica que a empresa Viaqua presentou ao contrato do servizo de abastecemento e saneamento do concello adxudicado a finais do pasado ano.

A obra consistirá na instalación de 84 proxectores que cubrirán todas as gamas cromáticas o que permitirá “tinguir” de cor as augas da fonte en momentos sinalados como o Día mundial da auga, do medio ambiente… ou os días mundiais de enfermidades que soen empregar unha cor singularizarse.

Ademais, tamén se instalará un cableado de 600 metros e un cadro de control e programación.

A instalación estará rematada para o vindeiro 22 de marzo, Día mundial da Auga, polo que se poderá estrear ese mesmo día.