Un Parlamento de Escritoras-es reflexionará sobre “Identidade e dereitos civís dende a escrita”

40
  • Mesas redondas, grupos de traballo e un recital literario artellarán a actividade, promovida pola AELG e o Concello
  • Terá lugar os días 15 e 16 de marzo en tres escenarios: Pazo de Mugartegui, Pazo da Cultura e Teatro Principal
  • O recital que porá o ramo ao Parlamento será o sábado, ás 19.30 horas e nel estarán, entre outros: Manuel Rivas, Xosé María Álvarez Caccamo, Tamara Andrés, Antonio García Teijeiro e Eli Rios

Dúas xornadas, tres escenarios -Pazo de Mugartegui, Pazo da Cultura e Teatro Principal- , un formato novidoso e moi traballado. A concelleira de Cultura, Carme Fouces, e o presidente da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega (AELG), Gervasio Sánchez, presentaron hoxe o Parlamento de Escritoras-es en Pontevedra 2019: Identidade e dereitos civís dende a escrita.

O Parlamento de Escritoras-es terá lugar os días 15 e 16 de marzo (os vindeiros venres e sábados). Esta proposta reivindicativa e de reflexión artellarase en mesas redondas e grupos de traballo e rematará, o sábado 16, ás 19.30 horas cun acto literario e musical no que participarán: Xosé María Álvarez Cáccamo, Tamara Andrés, Marica Campo, Berta Dávila, Estíbaliz Espinosa, Antonio García Teijeiro, Antía Otero, Eli Ríos, Manuel Rivas, Xavier Seoane e Rafa Vilar.

Gervasio Sánchez subliñou que este Parlamento busca “parar e reflexionar nun momento de especial gravidade no relativo á vulneración na Galiza e no Estado español de dereitos culturais, sociais, políticos, etc., sobre a vinculación entre a escrita literaria e a defensa dos dereitos civís e identitarios, da xustiza social e da liberdade de expresión nas súas máis diversas formas”.

Programa