Reordenación dos aparcamentos nas inmediacións do Vidal Portela e do Marcos da Portela

71
  • Rematada a reforma das rúas, o Concello propón unha solución consensuada coas anpas de ambos centros.
  • No Vidal Portela habilítase Cruz Vermella e Perfecto Feijoo en réxime de servizos de 08.00 a 20.00 horas.
  • Na rúa Suecia (Marcos da Portela) pasan a ser libres os estacionamentos de servizos.

O Concello de Pontevedra inicia nesta semana, aproveitando o bo tempo, o pintado da sinalización vertical e a colocación da horizontal en distintas rúas da cidade para adaptar o réxime de estacionamento ás necesidades dos centros de ensino. Son medidas previamente pactadas coas anpas dos colexios implicados, neste caso o Vidal Portela e o Marcos da Portela, para reordenar os espazos nos que poderán estacionar as nais e pais para recoller ou deixar aos nenos e nenas que se trasladan en coche ao centro de ensino.

No caso do Vidal Portela a proposta de mobilidade do Concello é a reserva de espazos de servizos na rúa Cruz Vermella (o tramo que non é peonil) e en Perfecto Feijoo que se ampliarán de 08.00 a 20.00 horas, para que poidan ser empregadas ao longo do día, incluso para as actividades extraescolares. Até antes da reforma, usábase a traseira do colexio que foi transformada nunha praza. 

No caso do Marcos da Portela, situado na rúa Suecia de Monte Porreiro, retíranse as prazas de servizos, que pasarán a ser de estacionamento libre na rúa.

COMPARTIR