A pedra da ponte do Burgo loce xa limpa

126

O avance das obras de restauración que se realizan na centenaria ponte do Burgo ofrecen xa unha nova perspectiva do monumento, coa súa pedra recén limpa. Segundo informou o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, estes días rematou unha profunda revisión da seguranza que deu resultados positivos, xa que os enxeñeiros comprobaron que o formigón utilizado na última gran reforma, en 1956, foi de boa calidade e resistiu perfectamente o paso do tempo.

A revisión deu tamén como resultado que os tallamares presentan algunha pequena fenda pouco significativa e o formigón deixou ver pequenos treitos de ferro que se restaurarán.

Ademáis os enxeñeiros encargados da obra puderon por fin decidir por onde canalizan as augas pluviais, que se distribúen por unha pequena estrutura que percorrerá as marxes da ponte para que a nova baranda poda soportarse con maior solidez.

Este pequeno matiz non afectará aos prazos da obra nen á circulación peonil, que continuará como até agora. Gómez Xunqueira animou á veciñanza a contemplar a ponte coa nova limpeza.

COMPARTIR