Vinteún establecementos melloran o seu inglés de cara aos mundiais de tríatlon

73
  • As concellarías de Promoción da Cidade e Deportes organizan esta formación básica para dar ferramentas aos hostaleiros e hoteleiros, xa que son a principal tarxeta de visita da cidade

A Concellaría de Promoción da Cidade en coordinación coa Concellaría de Deportes, comezou a impartir este luns os cursos de formación de inglés para todos aqueles hostaleiros e hoteleiros da cidade que queren perfeccionar a linguaxe e mellorar a súa comunicación de cara á celebración dos mundiais de tríatlon que traerán a Pontevedra máis de 4.000 deportistas de diferentes nacionalidades entre o 27 de abril e o 4 de maio.

Os cursos impártense na Casa da Luz en horario de mañá e tarde. Anotáronse 21 establecementos aínda que segundo a quenda, asisten distintas persoas do mesmo local. De feito, aos cursos están asistindo 29 persoas.

Trátase de cursos intensivos coas nocións básicas de comunicación en relación á actividade comercial que desenvolven, á cidade…

Con esta formación o Concello pretende dar ferramentas útiles á principal tarxeta de visita que terá a cidade durante esas días: a súa hostalería, e así acadar que os visitantes leven o mellor recordo de Pontevedra.