Encontros cos veciños de Alba e da avenida de Bos Aires para informar do tríatlon

68
  • Os encontros na parroquia foron o martes e onte cunha gran acollida por parte dos veciños.
  • A reunión da Avenida de Bos Aires e da rúa do Pazo é esta tarde, ás 20.00 horas, na xefatura da Policía Local.

O Concello de Pontevedra continúa nestes días co seu labor informativo nos distintos puntos do Concello polos que discorrerán os campionatos do mundo de tríatlon entre o 27 de abril e o 5 de maio. As concelleiras Anxos Riveiro e Pilar Comesaña, responsables de Deportes e da parroquia de Alba, respectivamente, acompañadas do portavoz da Policía Local, Manuel Omil mantiveron o martes e o mércores dúas reunións en distintos puntos de Alba para informar aos veciños como se ía a desenvolver os mundiais na súa parroquia e animalos a participar activamente.

A acollida por parte dos veciños de Alba foi moi positiva ademais de moi numerosa a asistencia a estes encontros.

Avenida de Bos Aires

Hoxe pola tarde está prevista unha reunión cos veciños da avenida de Bos Aires e da rúa da Poza, situados na zona cero do campionato, para darlles todos os detalles das probas e solicitar a súa colaboración.

Esta reunión celebrarase ás 20.00 horas na xefatura da Policía Local, na rúa Rafael Areses.