Os mundiais de tríatlon contarán coa presenza de 50 voluntarios portugueses

29
  • Anxos Riveiro asina un convenio de colaboración co Instituto Portugués de Desporto para reglar esta participación.

O Concello de Pontevedra asinou hoxe un convenio de colaboración co Instituto Portugués do Desporto e da Juventude -situado en Porto- para reglar a participación de 50 voluntarios portugueses nos vindeiros mundiais de tríatlon. O convenio foi asinado pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro en nome do Comité organizador do 2019 Pontevedra ITU Multisport Triathlon World Championships.

O acto celebrouse na Casa do Desporto, en Porto, e comezou cunha xuntanza política e tamén técnica na que participaron Anxos Riveiro os coordinadores do voluntariado dos campionatos, xunto a Vitor Baltazar Dias, director rexional do norte do Instituto Portugués do Desporto e da Juventude, e Alcidio Jesús, xestor rexional de voluntariado, cooperación institucional e relacións internacionais.

A visita tamén estivo acompañada dunha xornada de formación para todos os mozos e mozas portugueses que participen como voluntarios nos mundiais.

COMPARTIR