Traslado do mercadiño ambulante con motivo dos mundiais de tríatlon

153
  • Será os días 27 de abril e 4 de maio. A nova situación será en Campolongo, na rúa situada entre as Piscinas e a igrexa de San Xosé.

A Concellaría de Mercados acordou trasladar o mercadiño ambulante da rúa Rafael Areses ás proximidades de Campolongo os sábados, 27 de abril e 4 de maio, con motivo da celebración dos mundiais de tríatlon no ámbito do río Lérez.

O mercadiño estará situado entre a Praza de Galiza, a igrexa de San Xosé e o edificio das piscinas municipais; e de ser preciso aínda podería ocupar parte da praza da Constitución.

Esta nova situación está avalada polos servizos técnicos do Mercado e pola Policía.

No caso de que os usuarios acorden non instalar neses días, descontaráselle da taxa que abonan.