Boa acollida entre os veciños e comerciantes de Loureiro Crespo coa reforma do barrio do Castañal

341

O Concello de Pontevedra recolleu onte as suxestións e impresións de veciños e comerciantes de Loureiro Crespo e do Castañal, sobre a reforma da rúa que lles presentou o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez. O Concello estaba á espera de manter este encontro veciñal para enviar o proxecto a contratación coa previsión de que esta actuación poida estar en obras a final de ano.

O concelleiro Demetrio Gómez asegurou que a reunión se celebrou nun ton moi cordial e colaborador, e recolleu as peticións formuladas polos asistentes, que se amosaron satisfeitos coas melloras que incluirá o proxecto inicial.

As melloras inclúen a reforma das rúas do barrio do Castañal: Ernesto Caballero, Forcarei, Amor Ruibal, Mestre Soutullo e Ramón Cabanillas. 

O proxecto terá un custe total de 2,5 millóns de euros, cuxo valor ascenderá aos 2,9 millóns incluíndo as melloras.