Os libros galegos saen á rúa o 17 de Maio

82
  • Dez librarías participan na cita que terá lugar nos Soportais da Ferrería, de 12 a 14.30 horas e de 17.30 a 20.30 horas
  • As escritoras Arantza Portabales, Ledicia Costas (pola mañá) e os autores Pedro Feijóo e Iria Collazo (pola tarde) asinarán exemplares dos seus libros

Os libros galegos sairán a rúa o vindeiro 17 de Maio. Dez librarías da cidade instalarán postos nos Soportais da Ferrería o Día das Letras Galegas co fin de visibilizar e achegar á xente a oferta editorial galega e en galego, unha oferta ampla, variada e de calidade.

Os libros galegos saen a rúa é unha iniciativa da Concellería de Festas ao abeiro da programación do Maio Mes da Lingua, proxecto liderado pola Concellería de Normalización Lingüística.

Na cita participan as seguintes librarías da cidade: Aviones de Papel, Clip, D-lectum, El Pueblo, Escolma, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Luna Nueva, Paz e Seijas.

Os postos de venda de libros estarán abertos ao público en horario de 12.00 a 14.30 horas e de 17.30 a 20.30 horas. Neste tempo varias escritoras/es, todos con obra recen publicada, estarán nos Soportais asinando libros. Pola mañá será a quenda de Arantza Portabales e Ledicia Costas. Pola tarde, estarán Pedro Feijoo e Iria Collazo.

COMPARTIR