O programa RE-viradas e a creación dun banco de tempo avanzan ao abeiro da Redeira

92
  •  Unha trintena de persoas chegadas de Estonia, Grecia, Eslovenia e Portugal colaboran na proxecto europeo We are time bankers
  • Dez mulleres desenvolverán o seu potencial persoal ou profesional nas sesións de traballo de RE-viradas
  • Economía colaborativa e perspectiva de xénero conxúganse nesta iniciativa que ven da man as concelleiras de Igualdade e de Promoción Econónica

Redeira é un espazo de liberdade e inspiración colectiva onde a comunidade traballa nos seus proxectos empresariais, laborais ou sociais co único requisito de pago de intercambiar horas por ideas, servizos e coñecemento a través dunha banca colaborativa. Trátase dun entorno onde maridan a xestión do talento e a filosofía das redes de intercambio entre iguais. Economía colaborativa e perspectiva de xénero conxúganse nun proxecto no que van da man as concellerías de Igualdade e de Promoción Económica.

E a Redeira vai dando froitos.

Está en marcha o programa RE-viradas no que dez mulleres foros seleccionadas para darlle unha volta ao seu potencial persoal ou profesional e que lles gustaría facelo acompañadas. Serán 12 horas repartidas en 6 sesións nas que se traballarán obxectivos de diferente natureza.

Por outra banda dende o pasado día 8 e até o vindeiro 16 de maio, A Redeira recibe a trinta personas de Estonia, Grecia, Eslovenia e Portugal no proxecto europeo We are time bankers de Ticket2europe.

Neste caso A Redeira ademais de facilitar a loxística do proxecto en Pontevedra, participa activamente compartindo o seu modelo de Peto Colaborativo inspirado na Colaboradora de Zaragoza, co fin de crear un prototipo de Banco de Tempo. Nesta andaina atopamos persoas como as que se achegaron dende Europa e persoas redeiras como Jennifer Ghan, Fermín achegando a Asociación Vaipolorío, e Lara e Yanina organizando o taller de Bodypainting. “Todas elas xeran dinámicas inspiradoras e creativas para construír as persoas xuntas a sociedade que queremos.”

Por outra banda o pasado Día de Europa, a Redeira colaborou coa mocidade do IES Valle Inclán de Pontevedra creando unha arboleda Europea na Alameda. A familia redeira estivo presente con María Lusquiños e Ana Alfonsín. Ademais Concha Orgaz encargouse do Flash Mob onde mozos e mozas bailaron a un tempo conectando a súa mente co corpo en movemento, e para remate Dani Chapela organizou unha xincana.

COMPARTIR