“O mundo en Pontevedra”, I Rastrexo infantil, con compás, na Illa do Covo

20
  • A cita, promovida pola ANPA “Andaina” do CEIP A Xunqueira II e co soporte do Concello, é o vindeiro 25 de maio
  • É unha proposta familiar na que poden participar nenos e nenas de 3º a 6º de Primaria de calquera colexio da cidade
  • Terán que orientarse, superar probas de habilidade e físicas mantendo a integridade de Ravachol (globo)

A Illa do Covo será escenario o vindeiro 25 de maio, a partir das 9.00 horas, do I rastrexo infantil con compás, unha proposta lúdico-familiar promovida pola ANPA “Andaina” do CEIP A Xunqueira II e que conta co soporte do Concello.

A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, deu a coñecer a proposta xunto con Carolina Souto, alma mater da iniciativa, e Carlos Santiño, os dous membros da ANPA Andaina.

O rastrexo infantil leva de nome O mundo en Pontevedra, e os participantes terán que orientarse polo circuíto a percorrer, superando probas de habilidade e físicas ao tempo que terán que coidar do loro Ravachol (globo). Vai dirixido a escolares de 3o a 6o de Primaria de calquera colexio de Pontevedra. Os equipos estarán formados por un mínimo de 4 nenos e nenas e 2 adultos e un máiximo de 8 rapaces e 2 maiores.

A inscrición está aberta até o 19 de maio (incluído) no enderezo anpaandaina.wordpress.com O prezo é de 1 euro por persoa.

Carolina Souto explicou que con este rastrexo infantil, que nace con vontade de continuidade, celebrarán o Día da Familia.

COMPARTIR