Ponteverán presenta a edición 2019 ofertando 450 prazas de balde e novidades no programa

1085
  • A mocidade interesada contará con 4 actividades de natureza, 2 de xogos, 5 de tecnoloxía e 5 de formación para público dos 8 aos 35 anos do Concello de Pontevedra
  • As inscricións, con apertura de prazo o 1 de xuño, 1 de xullo e 1 de agosto, realizaranse en http://apuntate.pontevedra.gal
  • Existirán listas de agarda para interesados/as doutros concellos e idades para cubrir, no caso, as prazas vacantes

Alberto Oubiña presentou esta mañá unha nova edición do programa de lecer para a mocidade do Concello de Pontevedra, ‘Ponteverán’: “Ofertamos un verán diferente disfrutando do propio, da cidade, promovendo a saúde, o deporte, o respecto ao medioambiente, centrándonoso no presente pero tamén no futuro ao incluír as novas tecnoloxías”.

Plantexado baixo as temáticas de natureza, xogos, tecnoloxía e formación, ofertará 450 prazas (70 delas a través de Servizos Sociais) que, segundo a actividade, irán destinadas a público mozo de entre 8 e 35 anos.

Por primeira vez, tal e como sinalou o concelleiro, todas serán de balde polo que “se require un compromiso de asistencia e que quen se matricule, asista finalmente ao obradoiro”. Entre outras novidades do programa, están os roteiros polo Almofrei, o roteiro para ver abelaíñas, o Escape Room e a Xornada de Orientación Deportiva ou o Campamento Music-Lab.

Segundo a data de celebración da actividade, o prazo de solicitude da mesma abrirase o 1 de xuño, o 1 de xullo ou o 1 de agosto en http://apuntate.pontevedra.gal e haberá listas de agarda destinadas público interesados doutros concellos ou  fóra do grupo de idade ao que vai destinada orixinariamente a actividade.

COMPARTIR