Pontevedra ten unha dobre cita co xadrez na Praza do Concello

    0
    •  Uns 300 escolares participan mañá en Xadrez na rúa, un evento non competitivo que engade, pola tarde, obradoiros, clases e un encontro inter xeracional
    • O sábado 25 de maio é a quenda do X Pontexadrez, torneo do Circuíto Galego de Promoción no que haberá 250 xogadores de Galiza e norte de Portugal
    •  Xadrez na rúa ten unha vertente solidaria, de recollida de alimentos non perecedoiros para o Comedor San Francisco

    Pontevedra ten unha dobre cita coa xadrez na Praza do Concello: Xadrez na rúa, mañá 24 de maio e Pontexadrez, sábado 25 de maio. Un dobre cita que chega da man da Escola de Xadrez Pontevedra e a Concellería de Deportes, e que foi definida hoxe pola concelleira Anxos Riveiro “como un clásico no deporte pontevedrés”.

    Riveiro presentou a dobre xornada xadrecística da cidade xuntos con Daniel Rivera e Pablo García, da Escola de Xadrez Pontevedra, quen subliñaron a vertente educativa, social e solidaria das accións que desenvolven. O seu proxecto Xadrez Estratexia pola Paz abranguen as tres vertentes, e os leva aos campamentos de refuxiados sirios en onde puxeron en marcha hai xa catro anos escolas de xadrez.

    Xadrez na rúa reunirá na carpa da praza do Concello a máis de 300 escolares de Pontevedra -de 5º e 6º de Primaria- nun evento competitivo. Precisamente unha alumna de 6º de Primaria do CEP Campolongo é a autora do cartaz do evento, saído dun concurso de debuxo escolar.

    Os nenos e nenas xogarán dende ás 11.00 ás 13.30 horas. Ademais pola tarde, aberto a quen queira achegarse, haberá actividades complementarias: obradoiros e clases de xadrez, un encontro inter xeracional, a exposición sobre o traballo de Estratexia pola Paz.

    Por outra banda, dende a organización lémbrase o carácter solidario que se lle quere dar a cita xadrecística e pídese achegas (sempre voluntarias) de 1 kg de alimentos non perecederos para o Comedor San Francisco.

    Ao día seguinte, sábado 25 de maio, celebrarase o X Pontexadrez no que está prevista a participación de arredor de 250 xogadores, chegados de toda Galiza e do norte de Portugal. A proba forma parte do XIV Circuíto Galego de Promoción.

    + info: www.xadrezpontevedra.com