Aceptada unha parcela de 5.700 metros cadrados para mellorar o miradoiro de San Cibrán

23
  • O proxecto ten unha financiación de máis de un millón de euros e inclúe tamén a mellora da contorna do centro cultural de Lusquiños, a mellora do espazo deportivo e do lecer de Alcouce, e a contorna de San Pedro de Tomeza.
  • A cesión da parcela permite abrir o proceso de licitación que se fará nas vindeiras semanas.
  • A obra estará financiada por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a aceptación dunha parcela de 5.790 metros cadrados na parroquia de Tomeza, en San Cibrán, para executar o proxecto de centralidade parroquial de Tomeza, posta en valor do espazo de San Cibrán e mellora das súas infraestruturas. É unha cesión de uso por 30 anos coa posibilidade de prorrogala por 30 anos máis.

O proxecto ten un orzamento (con ive incluído) de 1.030.567,47 euros. O proxecto estará cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cunha taxa de cofinanciación máxima do 80%, dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

Este trámite permitirá sacar a licitación do proxecto, acto administrativo que se realizará nas vindeiras semanas.

O proxecto actúa sobre unha superficie directa de 12.713 m2 repartidos nos seguintes localizacións da parroquia:

  • Parque e instalacións deportivas de Alcouce (estrada EP-0002)
  • Contorna do Centro Cultural de Tomeza
  • Acceso e contorna da igrexa de San Pedro de Tomeza
  • Contorna da capela e miradoiro de San Cibrao
  • Melloras para o firme e calmado de tráfico na parroquia.

O proxecto de Tomeza inclúe:

  1. Parque e instalacións deportivas do Alcouce (estrada PO-0002)
    1. Mellora do peche perimetral
    2. Ordenación das pistas deportivas e sinalización (instalación de mobiliario deportivo: porterías, canastras…, e mellora das pistas)
    3. Mellora operativa da zona de recreo (instalación de espazos de merendeiro e acondicionamento da parcela arborada)
    4. Diferenciación visual da estrada
    5. Sinalización do estacionamento e parada do autobús.
  2. Entorno do Centro Cultural de Tomeza (Lusquiños)
    1. Mellora do peche perimetral
    2. Pavimentación do acceso con diferenciación de usos:  unha entrada directa ao Centro cultural, e unha segunda entrada de pedra do país no que poderán estacionar vehículos, se así o deciden os veciños.
    3. Creación de diferencia espacial entre os usos: Aproveitarase un desnivel do terreo para crear un banco corrido, que estará conectado coa parte baixa da parcela cunhas escaleiras e unha rampla. Tamén se mellorará a parte baixa da parcela con xabre consolidado onde se instalará unha churrasqueira. Tamén se mellorará o espazo infantil.
    4. Mellora da accesibilidade da parcela.
  3. Acceso e contorna da Igrexa de San Pedro de Tomeza.
    1. Sinalización de estacionamento (máis de 50 prazas)
    2. Limpeza e rexeneración da zona verde.
    3. Consolidación de muros e ruínas de edificación existente
    4. Conservación de cubierta de alpendre existente
    5. Mellora da pavimentación peonil e acceso ao recinto a conservar.
  4. Contorna da capela e miradoiro de San Cibrao
    1. Limitación do acceso de vehículos á contorna da capela
    2. Demilitación do espazo do adro de celebración da festa.
    3. Demolición do palco existente.
    4. Consolidación estrutural do miradoiro con eliminación dos elementos en perigo para as persoas.
  5. Melloras para o calmado de tráfico na parroquia de Tomeza.
    1. Creación de pasos de peóns elevados e elementos horizontais de moderación de velocidade para calmar o tráfico en diversos puntos das estradas.

Fondos FEDER

O proxecto desenvolve o “programa para a revitalización, valoración urbana de núcleos de centralidade de parroquias na coroa periférica da cidade” previsto como línea de actuación da estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado de Pontevedra (EDUSI Máis Modelo Pontevedra) aprobada pola resolución do 12 de decembro de 2016 da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gasto do Ministerio de Facenda e Función Pública (BOE 14/12/2016)