Pontevedra, escenario de “A Tarara”, a 1ª festa xitana en Galiza

90
  • A cita coa rumba catalana, a fusión e a cultura xitana terá lugar na Praza do Concello o vindeiro sábado 1 de xuño
  • 42 artistas (galegos, madrileños, cataláns, andaluces..) subirán ao palco, todos eles vencellados musical e familiarmente a grandes sagas do flamenco
  • Constitúense dúas bandas ex profeso para actuar na Boa Vila: Novo Flamenco e A Banda da Tarara

Pontevedra acollerá o vindeiro sábado 1 de xuño a que será a 1o festa xitana en Galiza, baixo o nome “A Tarara” 42 artistas subirán ao escenario da praza de España, a partir das 19.30 horas.

A concelleira de Festas, Carme da Siva, acompañada de Rosa Bugallo (alma mater da iniciativa) e o percusionista Moisés Fernández presentaron o cartel dunha festa que “ten como obxectivo dar a coñecer musicalmente unha cultura que está con nós, que forma parte da nosa vida en Galiza e que a veces non a percibimos como unha parte da nosa cultura”, sinalou a concelleira.

Constituíronse dúas bandas -Novo Flamenco e A Tarara- para actuar na festa, nas que hai artistas galegos, cataláns, madrileños, andaluces referentes da rumba catalane e da fusión e vencellados musical e familiarmente a importantes sagas do flamenco.

Novo Flamenco. Integrada por dous grupos galegos: Novo Tacón (de Santiago) e Los Potros (Pontevedra).

A Banda da Tarara integrada por

  • Os guitarristas: Juan José Suárez “El Paquete” , un dos guitarrista flamencos que tocou cos grandes mestres do flamenco como Morente e membro do grupo “La Barbería del Sur”. E Antonio Sánchez, sobriño de Paco de Lucía e membro da súa banda A Tarara.
  • Os cantaores: Rubio de Pruna, voz “camaronera” e na actualidade membro da compañía de Sara Baras e Mari Ángeles Fernández, voz na compañía de Tomatito, o seu pai.
  • Os percusionistas: José Fernández “El Tobalo”, acompañante de moitos dos grandes do flamenco e recentemente de Rosalía e Moisés Fernández, membro de Tacón Gitano.
  • A bailaora Noemi Ferrer subirá á escena, unha rapaza moi nova e de gran talento.

Tamén subirá ao escenario Petitet & La Súa Orquesta Sinfónica de Rumba del Raval,  un exemplo de fusión de rumba catalana (improvisación) e música académica (sinfónica).