En xuño volven os Paseos pola Pontevedra Literaria

121
  • Tres autores – Carlos Aurelio López Piñeiro, Carlos Taboada e Lourdes Maceiras- serán os guías pola cidade que aman e sobre a que escribiron
  • Ábrese a inscrición o mércores 5 de xuño, a través do enderezo pontevedraliteraria@gmail.com Prazas limitadas
  • É unha iniciativa da Concellería de Dinamización Sociocultural e a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega

Dous autores -Carlos Aurelio López Piñeiro e Carlos Taboada- e unha autora- Lourdes Maceiras- serán os guías dos tres roteiros Paseos pola Pontevdedra Literaria que terán lugar neste mes de xuño na cidade. Trátase dunha iniciativa na que van da man a Concellería de Dinamización Sociocultural e a Aociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG).

As persoas interesadas nos paseos poderán inscribirse a partir do mércores 5 de xuño, a través do enderezo pontevedraliteraria@gmail.com indicando o paseo/s no que se quere participar. A inscrición é por orde de chegada. As prazas son limitadas, 50 por percorrido.