‘Sete Falares’ cumpre 8 anos con historias das dúas beiras do Atlántico

104
  • Do xoves 6 ao domingo 9 de xuño, pasarán polo Teatro Principal e o cita Tâmara Bezerra, Carolina Rueda, Ángela Arboleda, Xurxo Souto, Cándido Pazó e Pavís Pavós
  • Todos os espectáculos serán de balde a excepción da clausura con entradas a 3€ unha hora antes na billeteira do teatro.
  • Por mor dunha fenda nas Ruínas de San Domingos, todas as contadas programadas neste emprazamento mudan ao Principal.

A concelleira Carme Fouces, presentou esta mañá a 8ª edición do Encontro Internacional de Contadores de Historias ‘Sete Falares’ acompañada de Tareixa Alonso, de Pavís Pavós que coordinadora o programa dende os inicios deste proxecto do Concello de Pontevedra que “está pensado para visibilizar e gozar da oralidade. Achegando contadores do país e doutros puntos, que veñen a contar no seu idioma a súa historia e forma de ver o mundo e romper a nosa visión eurocentrista. Descubrir que non somos únicos é moi enriquecedor”, apuntou Fouces que convidou ao público a achegarse e lembrou que a excepción da clausura, “todas as contadas son de balde”.

Antes de debullar o programa, Tareixa Alonso apuntou ao “enriquecedor deste encontro de contadores internacionais que conviven e intercambian vivencias a historias ao longo de 4 días” e sinalou que aínda que o programa está destinado a público adulto, o venres ás 18h. no CITA a contada será para público familiar a partir de 4 anos.

A representación internacional da outra beira do Atlántico correrá a cargo de Tâmara Bezerra (Brasil): narradora, escoitadora e inventora de historias que destaca por transmitir a narración oral do Brasil e ser formadora neste ámbito, Ángela Arboleda (Ecuador): cun postgrado en Xestión Cultural obtido en España, é, na actualidade, a directora de Corporación Cultural Imaginario coa que organizaba o Encuentro Internacional de Narradores Orales “Un Cerro de Cuentos” que se realizou en Ecuador durante dez anos, e o de narradores infantís “Un Cerrito de Cuentos” e Carolina Rueda (Colombia): como xestora e programadora, foi coordinadora desde 1990 ata o 2012, da mostra de narradores (nacional e internacional) do Festival Iberoamericano de Teatro de Bogotá e destaca pola súa labor impartindo obradoiros de narración oral

Os representantes do país serán Xurxo Souto: coñecido polo movemento Bravú, a pertenza a ‘Os Diplomáticos de Monte Alto’ e os programas radiofónicos con historias sobre o mar que non poden faltar neste encontro, Cándido Pazó: autor e director teatral, gran narrador que regresa aos Sete Falares logo de formar parte da primeira edición en 2012 e Pavís Pavós cunha traxectoria como narradores orais de 22 anos, que teñen participado en números encontros de contadores de historias e levan a cabo proxectos como ‘A hora do conto’ no concello de Pontevedra.

Quinta feira 6 ás 20.30 h no Teatro Principal: Inauguración a cargo de Cándido Pazó.

Entrada de balde até completar a capacidade. Público adulto.

Sexta Feira 7

18.00 h no CITA, Pavís Pavós.

Entrada de balde até completar a capacidade.Público familiar. (+4 anos)

20.30 h. no Teatro Principal ‘De dous en dous’ con Tâmara Bezerra, Ángela Arboleda

Entrada de balde até completar a capacidade. Público adulto.

22.30 h no Teatro Principal ‘ Tres eran tres’ con Carolina Rueda, Xurxo Souto e Cándido Pazó. Entrada de balde até completar a capacidade. Público adulto.

Sábado 8

12.00 h no CITA Tâmara Bezerra

Entrada de balde até completar a capacidade.Público adulto.

18.00 h no Teatro Principal Ángela Arboleda

Entrada de balde até completar a capacidade.Público adulto.

20.00 h no Teatro Principal Carolina Rueda

Entrada de balde até completar a capacidade. Público adulto.

22.00 h, 22.20 h,

22.40 h e 23.00 h

Desde o Teatro Principal de Pontevedra (4 grupos), Ruta de Historias

En grupos de 60 persoas, percorreremos a cidade visitando lugares emblemáticos mentres escoitamos historias. Haberá catro quendas con saída ás horas sinaladas. As invitacións poderán recollerse no Teatro Principal de Pontevedra desde as 21.30 h para todas as funcións.

Escoitaremos historias de Tâmara Bezerra, Ángela Arboleda, Carolina Rueda, Xurxo Souto e Cándido Pazó

Entrada de balde. Grupos de 60 persoas por cada pase. Público adulto.

Domingo 9

21.00 h no Teatro Principal de Pontevedra – Clausura.‘Rolda de narradores/as’

Historias con Tâmara Bezerra, Ángela Arboleda, Carolina Rueda, Xurxo Souto, Cándido Pazó e Pavís Pavós.

Entrada 3€ 1h antes na billeteira do Principal. Persoas desempregadas de balde.

Público adulto.

COMPARTIR