Convocadas as subvencións municipais para as entidades culturais

134
  • Teñen un crédito global de 23.000 euros, cunha contía máxima de 3.000 euros por entidade.
  • Os interesados poden presentar a súa solicitude dende onte.

O Boletín Oficial de Pontevedra publicou esta semana a subvención da anualidade 2018/19, para as entidades sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido da cultura.

Son beneficiarios destas axudas as entidades e asociacións sen ánimo de lucro que teñan o seu domicilio no concello de Pontevedra, que realicen a súa actividade dentro do municipio e se atopen inscritas dentro do rexistro municipal.

O crédito global das subvencións é de 23.000 euros e cada entidade poderá recibir unha contía máxima de 3.000 euros, sendo subvencionable, como máximo, o 50% da actividade proposta.

As entidades interesadas poderán presentar os seus proxectos no prazo de 15 días a contar dende a publicación no boletín oficial, que foi onte.

Enlace:

https://boppo.depo.gal/bop-v2-portlet/download?id=idd_34D1D6B3-E679-4018-B21B-BF72ECF55985&fileName=an.bop.PONTEVEDRA.20190604.2019030734.pdf
COMPARTIR