O Concello abre o prazo para inscribir as fogueiras de San Xoán

298
  • Os interesados teñen até o 20 de xuño, ás 13.00 horas para rexistralas
  • O Concello de Pontevedra abre o prazo para a inscribir as fogueiras de San Xoán polo que, un ano mais, fai públicas as normas de obrigado cumprimento para a queima das cacharelas que terán lugar a noite do 23 do mes de xuño. O obxectivo destas normas e garantir a protección e seguridade no municipio en conciliación co lecer da veciñanza. O prazo de inscrición finaliza o xoves 20 de xuño, ás 13.00 horas.

As normas ás que terán que axeitarse a instalación e queima das fogueiras son as seguintes:

1º- Presentación no rexistro xeral do Concello da solicitude de celebración da fogueira, antes do próximo día 20/06/2018 ás 13.00 horas, facendo constar os seguintes datos das persoas que organizarán o acto e faranse responsables do mesmo:

  • Nome e apelidos, D.N.I.
  • Enderezo e coñecemento do teléfono do Servizo Municipal de Extinción de Incendios 080, Policía Local 092 e Protección Civil 986 871 188.
  • Compromiso de dispor no acto dun teléfono móbil en pleno funcionamento, con indicación na solicitude do seu número.
  • Coa documentación achegarase copia do D.N.I. dos responsables.

2º- As fogueiras terán que distar un mínimo de 15 metros ós edificios e árbores. O diámetro máximo de zona de combustión da fogueira será de 4 metros de ancho cunha altura máxima de 2 metros. Nun área de diámetro similar ó pau central da fogueira non poderán concentrarse os asistentes á festa.

3º- Os materiais a empregar na combustión serán leña, polas, toros de árbores e vellos materiais de madeira de calquera clase. Prohíbense os neumáticos, plásticos, latas, botellas, materiais con P.V.C. en xeral, e similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles e/ou calquera tipo de substancia explosiva. Lémbrase que un bote de aerosol, aínda baleiro, pode orixinar unha explosión importante. Prohíbense as fogueiras baixo tendidos eléctricos, telefónicos, etc.

4º- Prohíbese a realización de fogueiras sobre vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes en xeral.

5º- A organización terá que acatar as normas ou instrucións que poidan ditar os axentes dos corpos da Policía Local ou Corpo de Bombeiros.