O 1º Congreso Atlántico de Marketing Dixital reunirá en Pontevedra a máis de 400 profesionais

31
  • O evento inclúe 14 conferencias, 3 mesas redondas e 4 obradoiros prácticos en dous días: 13 e 14 de xuño
  • Participan unha vintena de poñentes de multinacionais como Linkedin, New Balance ou Iberdrola, axencias e consultores, tendas online e influencers
  • Debateranse cuestións como o comercio online e marcas e redes e temas sociais como a igualdade de xénero na publicidade
  • A inscrición estará aberta até o mércores 12 de xuño en www.congresofluor.com

Pontevedra acollerá, os vindeiros días 13 e 14 de xuño, o 1º Congreso Alántico de Marketing Dixital Flúor, unha primeira cita que reunirá a unha vintena de poñentes de primeiro nivel estatal e internacional e a máis de 400 profesionais do sector no que será o maior evento dixital do Noroeste.

A comunicación enmárcase na chamada “economía creativa”, pola que aposta o Concello, un sector “de futuro na cidade”, subliñou a concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías, durante a presentación do congreso. Ao seu carón o presidente do Clúster da Comunicación de Galicia, Xosé Luis Reza; o responsable de Iconweb e director do congreso, Alberto Garnil e Blanca García Señoráns, directora xeral de Relacións Institucionais.

O Congreso Atlántico de Marketing Dixital Flúor está aberto a todas as persoas interesadas en coñecer de preto as ferramentas, técnicas e estratexias dixitais máis eficaces para marcas, empresas e negocios online. As inscricións poden facerse na web www.congresofluor.com

Flúor ofrece dous días cheos de intercambio e networking entre os profesionais, con 14 conferencias, 3 mesas redondas e 5 obradoiros prácticos. Todos eles serán impartidos por máis de 20 especialistas en Negocio Dixital, Publicidade Dixital & Branding e Social Media. Entre os relatores figuran directivos de multinacionais como LinkedIn, New Balance o Iberdrola, así como consultores de relevancia como Juan Luis Polo (Good Rebels), Javier Regueira (Branded Content), Tristán Elósegui ou Roberto Carreras (Voikers).

O congreso está organizado polo Clúster de Comunicación de Galicia, que une a toda a cadea de valor da comunicación en Galicia: impresores, deseñadores, creativos, axencias de publicidade, de medios, marketing dixital, directores de marketing e directores de comunicación. Un comité técnico integrado por máis de 15 empresas do sector colaborou durante os últimos meses para crear o concepto e contidos do evento, polo que Flúor representa un proxecto colectivo de todo o sector galego da comunicación.

Como proxecto de todo un sector económico, conta con respaldo institucional do Concello de Pontevedra, a Xunta de Galicia e Abanca, ademais de axencias de marketing e servizo dixitais como Iconweb, Bysidecar, Roi Scroll y Dinahosting.

MESA SOBRE XÉNERO, DIVERSIDADE E PUBLICIDADE DIXITAL

Os contidos ábrense tamén a asuntos de carácter social como a igualdade de xénero e a diversidade na publicidade dixital. Sobre este tema, o congreso celebrará –este xoves 13 pola tarde- a mesa redonda titulada “O xénero e a diversidade na publicidade: cambiar o mundo vendendo mellor”. Será moderada por Pilar Casals, da consultora galega In The Move, quen guiará un diálogo sobre os estereotipos da publicidade e como compatibilizar a igualdade de xénero e a diversidade coa necesaria eficacia promocional e de vendas.

Contará para o debate con Nuria Serrano, directora de Planificación Estratéxica na prestixiosa axencia VCCP España, radicada en Madrid. É doutora en comunicación, foi responsable de estratexia en axencias como Sra. Rushmore, Publicis e JWT, e traballou para clientes como O2, Liberty Seguros, Renault o Freixenet. Nuria foi a Presidenta da

Gabinete de Comunicación. Alcaldia comunicacion2@pontevedra.eu www.pontevedra.gal

Asociación de Planners de España, do 2016 ao 2018, e colabora academicamente con varias universidades españolas.

Ademais participarán na mesa redonda 3 creativas y expertas en publicidade de Galicia: Sonia Barros, directora creativa da axencia 300 kilos; Chío Infante, cofundadora e directora creativa da axencia Venditos; e Zinthia Alvarez, experta en marketing e periodista de SOS Racismo.