O Concello rexistra 116 fogueiras para a noite de San Xoán

70
  • Pontevedra dará a benvida ao verán con cacharelas en case todas as parroquias, e tamén no centro urbano.

O Concello de Pontevedra pechou onte o prazo para que as persoas ou entidades que queiran facer unha fogueira de San Xoán na noite de 23 de xullo, informen da súa situación para que poida ser supervisada polos servizos de emerxencias do Concello.

O Rexistro xeral contabilizou 116 cacharelas que estarán controladas por 6 unidades de emerxencia (4 de bombeiros e 2 de Protección Civil).

A distribución das fogueiras no termo municipal é a seguinte:

  • Centro cidade: 12 (2 de asociacións)
  • Salcedo: 16 (1 de asociación)
  • Lourizán: 9 (2 de asociacións)
  • Tomeza: 3
  • Marcón: 9 (1 de asociación)
  • Bora: 10
  • Santa María de Xeve: 1
  • Santo André de Xeve: 5
  • Verducido: 5
  • Lérez: 10
  • Cerponzóns: 7
  • Monte Porreiro: 1
  • Campañó: 6
  • Mourente: 15 (1 de asociación)
  • Alba: 5
  • Ponte Sampaio: 2
  • Canicouva: 0