O Concello xa ten contratada a iluminación do vindeiro nadal por máis de 100.000 euros

39

A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá a adxudicación á empresa Porgesa  S.A (de Puente Genil, Córdoba) a iluminación das Festas do verán 2019 e 2020, así como da Nadal 2019 e das festas de Entroido 2020. O orzamento de licitación era de 215.000 euros e a empresa gañadora fixo unha oferta de 200.255 euros.

Dado que se tratou dunha licitación en tres lotes, as contías ofertadas pola empresa para as distintas iluminacións foron:

  • Nadal 2019: 107.085 euros
  • Entroido 2020: 18.755 euros
  • Verán 2019 e 2020: 74.415 euros.

As melloras que ofertou a empresa para cada un dos lotes foron 10 arcos transversais máis e 10 motivos de farois, máis.

Os criterios de valoración foron a aplicación das novas tecnoloxías, o criterio de sustentabilidade e o estético.