Dezasete empresas ofertan melloras para as rúas San Martiño e Eirado de Alvar Páez no centro histórico

50
  • Con esta intervención, a contorna de Santa María queda practicamente remata.

A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra abriu esta semana as ofertas presentadas polas empresas para executar a mellora urbana da traseira da igrexa de Santa María, nas rúas San Martiño e Eirado de Alvar Páez (segunda fase, no seu entronque con San Martiño). Foron 17 as empresas que se presentaron a esta licitación e teñen un prazo máximo de execución de 5 meses. A obra corre a cargo dos Fondos ARI (Area de rehabilitación Integral) do Centro Histórico.

As empresas que se presentaron a estas reformas son:

  • Innova profesional Desarrollos: S.L. 161.318,65 euros
  • Actividades de construcción, edificación y Viales (ACEVI): 164.683,50 euros
  • Rocas Graníticas del Condado S.L.: 166.375 euros
  • Desmaco S.L.U: 173.405,10 euros
  • Nexia Infraestruturas, S.L.U: 145.726,35 euros
  • Obras, reformas y saneamientos S.L. (Oresa): 159.284,40 euros
  • Construcciones E.C.Casas: 153.186 euros
  • Construcciones Vale: 151.044,30 euros
  • Civis Global: 170.228, 85
  • Construcciones Fechi: 159.121,05 euros
  • Covsa: 150.899,10 euros
  • Construcciones y Proyectos Abilleira: 167.161,50 euros
  • Edigrup Global: 156.870 euros
  • Elsamex: 138.303 euros
  • Movimientos de áridos y construcciones de Arosa: 145.201 euros
  • Narom: 151.697,70 euros
  • Planificación, desarrollo y gestión de construcciones: 180.900 euros.

A intervención prevista no tramo final e entronque do Eirado Alvar Páez e San Martiño seguirá a estética da primeira fase: chapacuña nos laterais da rúa e a pedra habitual da zona vella no espazo central. Polo que respecta a rúa San Martiño, a intervención inclúe ademais do pavimentado en pedra, a renovación dos servizos e da iluminación.

Logo dunha pequena actuación na Enfesta de San Telmo co fin de garantir a accesibilidade nunha vivenda, da rehabilitación feita no primeiro tramo do Eirado de Alvar Páez e das rúas Tristán de Montenegro e Pratería Vella, quedará completada a renovación da contorna traseira do Campiño.

Saúdos  ;-))

COMPARTIR