Ampliación do horario de peche dos veladores durante as Festas do verán

232

O Concello de Pontevedra acaba de ditar unha resolución para ampliar o horario de peche dos veladores da cidade durante o período de festas. Será dende o 11 de xullo até o 8 de setembro, ambos os dous incluídos.

Durante todo este período, os veladores poderán pechar media hora máis do horario habitual. É dicir, o peche pasará a ser de 01.30 a 02.00 horas, e no caso de domingos, festivos e na Semana da Peregrina este horario prolongarase, á súa vez, media hora máis, puidendo retirar os veladores ás 02.30 horas.

A ampliación do horario está contemplada no artigo 23 da vixente Ordenanza municipal reguladora da instalación de veladores (mesas e cadeiras) na vía pública.

COMPARTIR