Comezas as obras de rehabilitación do novo local municipal de Ferreiros

83
  • A UTE adxudicataria ten un prazo para acondicionalo de
    6 meses e orzamento que supera o 1,2 millons de euros.

Esta mañá comezaron os traballos de acondicionamento da nova sede municipal na rúa Ferreiros para acoller as oficinas de Tesourería e Urbanismo, na actualidade situadas no edificio municipal de Michelena, no Teatro Principal e no edificio de Churruchaos. É unha obra que executará a UTE Prace-San Emeterio por 1.246.953,40 euros, que estará financiada con cargo aos convenios subcritos entre o Concello de Pontevedra e a Deputación provincial, cun prazo de execución de 6 meses.

As novas dependencias municipais na rúa Ferreiros teñen unha superficie de 1.328 m2 divididos en dúas plantas: unha de 600 m2 e outra de 728 m2, por un prezo de 1.152.000 euros.

Acollerán a 70 funcionarios das áreas de Urbanismo (Disciplina urbanística, Medio Ambiente e Policía Administrativa, Oficina técnica de licenzas e inspección, Oficina técnica de rehabilitación, Servizo de Urbanismo, Planeamento e Patrimonio) e Tesourería (Tesourería, Xestión Tributaria, Contratación tributaria, tributos e inspección): 30 postos na planta baixa (xestión tributaria) e 40 postos na primeira con urbanismo, todos eles distribuídos por áreas e por departamentos.

A remodelación inclúe todos os servizos, domótica, videovixilancia, mobles, arquivos… así como unha reforma interior pensada para aforrar até un 50% dos consumos de enerxía habituais nas oficinas deste tipo. De feito, instálase unha celosía de madeira exterior que poida servir para refrescar as oficinas no verán ou manter o calor no inverno. Adóptanse estratexias do que se vén en chamar Arquitectura Pasiva para conseguir unha cualificación enerxética de proxecto tipo “A”, a mellor das posibles.