Inauguración das mostras “Alba de Gloria”, de Castelao e “A intimidade da imaxe” de Anna Turbau

17

Hoxe estou especialmente emocionado, porque con esta exposición conmemoranse, nada máis e nada menos os 70 anos do discurso “Alba de Gloria” que Castelao fixo en Bos Aires.

A figura de Castelao é dunha enorme importancia para a historia deste país, pero tamén para o momento actual, porque os seus textos aínda hoxe son de rabiosa actualidade.

Lendo a Castelao, podemos comprender moitas dos problemas que hoxe temos. Entedemos porque este país aínda segue a falar do tren, da pesca, da industria, da recuperación da propia histoira ou do coidado do idioma. Estamos orgullosas e orgullosos de compartir patria co gran Castelao, e estamos orgullosas e orgullosos de seguir levando o facho que el deixou, por iso, na véspera do 25 de xullo, día da Patria galega, é unha honra para min inaugurar esta exposición concebida e creada polo Consello da Cultura Galega ao que lle trasmitimos o noso agradecemento por facela, e os parabéns polo resultado.

“Alba de Gloria” representa a esencia do país, recollendo nel os nomes dos homes e mulleres ilustres que construiron a nosa historia, máis tamén dos humildes, da xente traballadora que soportou nas costas as situacións máis adversas ás que nos tivemos que enfrontar no transcurso dos tempos.

Queremos contribuír en achegar este legado a toda a cidadanía, pero moi especialmente a xente máis nova que lamentablemente non escoita falar do “Alba de Gloria” nin nas aulas, nin nos medios de comunicación de masas, nin nas redes sociais. Convidamos a todo mundo a que se achegue durante este verán á sala de exposicións do Pazo para gozar desta experiencia.

E ademáis cun formato moi innovador, acorde ás aspiracións tanto do propio Castelao como de toda a xeración Nós e do nacionalismo galego en xeral. En contra do que se quixo vender, o nacionalismo sempre apostou pola vangarda. A vangarda cultural, como foi a creación do Museo de Pontevedra, a vangarda científica, como a creación dos laboratorios Zeltia, ou o Instituto Miguel Servet.

Sempre confiamos no país e apostamos polo seu desenvolvemento, como fixemos en Pontevedra nos últimos vinte anos. Ninguén imaxinaba a cidade que podíamos chegar a ser, facendo políticas transformadoras e centradas no país. Sempre que o fixemos, sempre que confiamos na nosa xente, nunca defraudaron, pero para iso hai que ter unha visión de Galiza moi diferente a que nos teñen acostumados. Un país rico, cheo de potencialiades e capaz de acadar os máis altos obxectivos.

Por iso presentar a exposición a través da realidade aumentada é unha das mellores homenaxes que se lle pode facer a Castelao.

Se Castelao estivera hoxe entre nós, de seguro que sería un hábil usuario das novas tecnoloxías, e estaría encantado que o seu discurso fose recreado así, cun dos progresos máis sorprendentes que nos leva a ver o mundo en outra dimensión.

Estamos orgullosas e orgullosos da nosa historia, pero sobre todo estamos traballando ilusionados e a tope para construir unha Galiza próspera, innovadora e na vangarda. Unah Galiza deste tempo. deste tempo. Ese é o legado de Castelao e estamos empeñados en facelo.

Grazas.