O Concello recibe o novo saneamento do lugar do Ramallás, en Lérez

20
  • A instalación da rede de sumidoiros e de pluviais tivo un custe de 105.000 euros e remata cunha vella reclamación do lugar.

O Concello de Pontevedra recibiu esta mañá as obras da nova rede de sumidoiros e canalización de augas pluviais no lugar do Ramallás, na parroquia de Lérez, que tivo un custe de 105.300 euros.

A obra foi executada pola empresa E.C.Casas e era unha das vellas reclamacións dos veciños de Lérez, xa que é un dos escasos lugares da parroquia que carecen deste servizo.

Os concelleiros de Obras e o coordinador do Rural, Demetrio Gómez e Alberto Oubiña, respectivamente, visitaron esta mañá os traballos en compañía do departamento dos servizos técnicos e de intervención encargados de supervisar a correcta execución da obra, e de representantes da asociación de veciños, que agradeceron o traballo feito e ter atendido a demanda veciñal.